top of page
Buscar

Conxeladores naturais - Serra do Larouco

  • Ourense, achégate ao desconocido
  • 11 dic 2016
  • 1 Min. de lectura



Este neveiro ou construcción para conservar a neve ou o xeo de xeito natural. Aproveitábase a caída da ladeira, adaptando a estrutura para conservar e almacenar o xeo. Trátase dun gran alxibe circular escabado na rocha e dotado dunha gran canle de drenaxe. Segundo o seu escavador, D. Antonio Rodríguez Colmenero, data do século XV e pertencía á casa de Monterrei. Sobre o pozo había unha casa que presentaba na fachada o escudo da familia Zúñiga, señores de Monterrei. Estaba destinado á captación e almacenaxe da neve e formación de xeo que se empregarian no verán para o uso da casa señorial.


Ademais, na serra tamén se atopa, uns metros máis adiante, pena muller. Un conxunto de pedras que contan anos de tradición e procesións en honor a esas pedras, que se te fixas en profundidade teñen forma de muller e máis de can.

Ó baixar da serra, na aldea de Saceda, que se atopa ó lado da aldea de Lucenza, está un castro que tamén é moi interesante visitar xa que está en proceso de recuperación e ten moito que ofrecer ó visitante.







A maneira de chegar é mediante a autovía A-52. Tomar a saída 181 desde A-52 hacia N-525/Trasmiras/Viladerrei. Logo hai que tomar OU-1020 ata chegar a aldea de Lucenza e alí hai unha sinal que indica o camiño cara a serra. Este camiño non está na súa totalidade asfaltado, aínda que se pode ir en coche. Unha vez que avanzas polos camiños da serra, hai unha indicación que pon “banco da esperanza”. É alí onde se encontra o conxelador natural.


 
 
 

Comments


© 2016 por Ourense, achégate ao descoñecido

bottom of page