top of page
Buscar

Aldea de Saa - Vilar de Santos

  • Ourense, achégate ao desconocido
  • 10 dic 2016
  • 1 Min. de lectura

Nesta aldea rehabilitada pódese ver como vivían os antepasados en asentamentos da zona surorientaal da provincia de Ourense. Trátase dun asentamento ás beiras dun castro datado do século XVII que estivo habitada ata os anos 50, cando os hanitantes comenzaron a emigrar cara aldeas grandes pola construción de novas estradas.


Nesta antiga aldea pódense ver como se conservan os muros que delimitaban cada vivenda, unha gran torre de pedra que correspondía coa casa do terratenente, un frono comunitario e mesmo o sistema de alacantarillado do que dispoñían na época. Tamén son significativos os camiños de pedra e as marcas dos carros de animais que deixaban nestas.


Quenes se acheguen ata o lugar poderan imaxinar como era a vida nun asentamento do século XVII pero tamén como se manteñen estructuras desta época con outras do século pasado. Ademáis resulta perfecto para desconectar e pasear, pois a aldea atópase dentro da Ruta do Ruxidor, un pequeno sendeiro circular de 3,5 kilómetros que comeza no ceminterio de Vilar de Santos e rodea toda a aldea e as terras do redor que utilizaban para o gando e o cultivo. Tamén se pode ver dentro destas terras a porta de pedra e especie de muralla que delimitaba o asentamento.










Para chegar dende Ourense hai que facelo pola estrada A-52 tomando a saída 202 de Sandiás. Logo continuar pola N-525 e no cruce do final do pobo de Vilariño xirar a dereita na OU-531.

Seguir por esa estrada pola que se entra no pobo. Coller o camiño da igrexa e seguir esa ruta ata o ceminterio onde se atopa a entrada a aldea de Saa.


 
 
 

Comentarios


© 2016 por Ourense, achégate ao descoñecido

bottom of page