top of page
Buscar

Minas das Sombras - Serra do Xurés (Lobios)

  • Ourense, achégate ao desconocido
  • 3 dic 2016
  • 1 Min. de lectura




Estas vellas explotacións de wolframio durante a II Guerra Mundial proporcionaron moita riqueza ao municipio de Lobios e abasteceron de grandes cantidades deste mineral aos alemáns. Aínda que eles tamén o producían non querían que parase en mans dos ingleses. Este mineral era fundamental para realizar as aliaxes de aceiro para as armas de guerra.


A Mina das Sombras, na cabeceira do río Vilameá, cesou a súa actividade nos anos setenta do século XX. Moitas das máquinas empregradas foron parar a un museo do municipio, onde están expostas ao público, pero as construcións onde dormían e traballaban os minerios atópanse en ruinas.


A única forma de chegar é mediante unha ruta de 18 km de dificultade alta xa que o camiño é estreito, formado de pedra solta. A sinalización é inexistente. As persoas que fixeron a ruta foron facendo montículos de pedras e frechas, que sirve como única guía. Na actualidade, a mina está tapiada con bloques para que non se poida entrar.




Para chegar dende o concello de Lobios hai que dirixirse cara o sur pola Estrada Portugal/ OR-312, continuar pola Carretera de Regada e emprender a ruta a pé.

Tamén se pode comezar por Vilaméa.












 
 
 

Comments


© 2016 por Ourense, achégate ao descoñecido

bottom of page