Fervenzas do Tourón - Melón
- Ourense, achégate ao desconocido
- 3 dic 2016
- 2 Min. de lectura


O río Cerves, afluente do Miño, deixa ao seu paso por Melón unha marabilla paisaxística da que gozar tanto no verán como na primavera ou outono. Esta contorna natural está constituída por un grupo de cascadas de diferente nivel á altura do pequeno pobo de Tourón.
O encaixamento do río nun estreito val fai posible este descenso tan desigualado onde podemos atopar unha enorme cascada cara a metade do percorrido e outras moito máis pequenas case no comezo. Ademais, as pozas son outro dos seus encantos, permitindo o baño no verán a aqueles que lles guste relaxarse co peculiar son da caída do auga. A estas pozas, de diferentes profundidades, accédese baixando por pequenos carreiros entre unhas perdas aos lados das pasarelas principais e están situadas nas caídas das cascadas. A pasarela de madeira que cruza o río permite o acceso ao resto das pasarelas que se alzan polas ladeiras da montaña e que se suceden durante quilómetros para o goce dos máis aventureiros. Para os que simplemente queiran gozar das vistas hai unhas escaleiras de madeira que levan a un mirador dende o que observar a grandeza desta contorna e a forza do auga.
Como observación hai que destacar que no inverno, debido ás fortes choivas, o río aumenta a súa capacidade e a súa forza polo que hai que extremar as precaucións.
Para chegar hai que tomar a autovía A-52 dirección Melón e sair na 232, Melón. Pasar o pobo de Melón ata chegar ao Monasterio de Santa María de Melón (na estrada principal). Hai que tomar o cruce da dereita e todo o camiño cara arriba (3km). O acceso ata as cascadas está prohibido para os coches, polo que se debe continuar o sendeiro andando (1km).
Comments