top of page
Buscar

Embarcadero de Rivela - Rivela (Coles)

  • Ourense, achégate ao desconocido
  • 3 dic 2016
  • 1 Min. de lectura

Este pequeno embarcadoiro é todo un encanto natural a apenas 10 minutos da cidade. Un lugar perfeto para pasar unha tarde, xa sexa paseando pola marxe do río, como sentado no embarcadoiro ou no bar chiringuito que hai nas inmediacións ou disfrutando das vistas máis elevadas pola pasarela que cruza toda a vexetación. Sen dúbida un plan perfeto para unha mañá de domingo ou unha tarde calquera para desconectar do ritmo da cidade e relaxarse con esta característica mezcla de recendos y sons entre a augua e o monte.


Ademais, no verán poedese disfrutar de diferentes actividades acuáticas pero é sen dúbida no outono cando este lugar alcanza toda unha explosión de cores.



O embarcadoiro de Rivela atópase a tan só 15 minutos do centro da cidade, seguindo a marxe dereita do río Miño pola carretera de Barra de Miño.

Ao chegar aos Salóns Santos, hai que tomar o primero cruce á dereita seguindo a flecha de Club Náutico de Rivela.

 
 
 

Comentários


© 2016 por Ourense, achégate ao descoñecido

bottom of page