top of page
Buscar

Casa Escusalla - Ludeiros (Lobios)

  • Ourense, achégate ao desconocido
  • 3 dic 2016
  • 1 Min. de lectura

A Escusalla é unha casa reitoral construído no primeiro terzo do século XVIII, situada no Concello de Lobios, raiando con Portugal. O edificio, abandonado dende hai anos, foi edificado polo párroco de Manin e Lobios, D. José Martinez y Parga e alberga numerosas lendas sobre a existencia dun fantasma. Cóntase que no edificio reside o espírito dun frade de hábitos brancos e cara escondida cunha capucha. “Nas noites de lúa chea, desprázase en silencio pola casa acompañado por dúas enigmáticas damas”, asegura Lamela, veciña da zona.



Os amigos do alleo seguro que lle gustaría coñecer este lugar, mais só os aldeáns da zona saben da súa existencia. A Delegación de Economía e Facenda de Ourense iniciou no ano 2007 un expediente de investigación referente á presunta propiedade patrimonial para converter a Casa Escusalla nun centro activo para a recepción de visitantes e veciños da Baixa Limia e do Xurés. A día de hoxe o lugar segue abandonado, polo que o fantasma da lenda terá que seguir esperando aos seus visitantes.


O edificio atópase cuberto de musgo debido aos anos de abandono, menos este altar que parece seguir intacto agardando polo santo que alí se atopaba.


Para chegar hai que seguir a estrada OU-540 dirección Portugal ata Ludeiros.

En lugar de continuar cara a aldea hai que tomar o desvío cara a dereita. A Casa Escusalla está ao lado da Ruta do Río Mao.


 
 
 

Comments


© 2016 por Ourense, achégate ao descoñecido

bottom of page