top of page
Buscar

Lagares rupestres - Medeiros (Monterrei)

  • Ourense, achégate ao desconocido
  • 29 nov 2016
  • 1 Min. de lectura




Non é nada novo para todos a tradición vitivinícola que ten a comarca de Monterrei. Signo diso son os diferentes lagares rupestres feitos nos penedos que podemos encontrar en varias aldeas da contorna.

O de Medeiros é unha de esas incógnitas que aínda está por descubrir xa que se atopa nun proceso de recuperación onde se constata a existencia de máis de 25 destas estruturas ao lado do castro de Medeiros (tamén en proceso de recuperación) que datan de diferentes épocas.

Coñecer un pouco de historia e técnicas medievais é un aliciente para achegarse ata a comarca, onde ademais se pode desfrutar da maior acrópole de Galicia e do val de Monterrei.










Para chegar hai que coller a autovía A-52 dirección Madrid. Tomar a saída 166 dende a A-52. Manterse á dereita na bifurcación e seguir as señais de Requeixo. Despois continuar por esa estrada ata chegar á montaña e alí estará a señalización da ruta dos lagares rupestres que hai a un lado da vía.




 
 
 

Comments


© 2016 por Ourense, achégate ao descoñecido

bottom of page